O cuatrimestre chegou ao seu fin, polo tanto pasarei a resumir as anécdotas, aprendizaxes,dificultades e vivencias durante este período coa materia de Didáctica da lingua francesa.
Sentín que, a nivel informático, teño un nivel moi baixo, e á hora de crear as tâches ou mesmo o blog o resultado final nunca será o mesmo, entre o alumnado que sabe máis ou menos.
Co nivel de Francés, pasoume igual, eu intentei facer o máximo posible neste idioma, en canto as tâches. No Blog escribín, a maioría das entradas de teoría, en Francés con anotacións miñas en galego, mentres què, o realizado e acontecido nas horas B e C, xa están a maioría en galego. Están en galego porque, ao ser castelán falante, practico outra lingua.
En canto ao sistema de avaliación, eu nunca tiven en conta a que persoa avaliaba, simplemente centrábame na grilla e na tâche realizada. Pero si que este tipo de avaliación, conlevou a algún intercambio de opinión entre nós e descontento.
Parecéronme moi útiles as horas B e C para as explicacións das tâches, aprender como usar material, coñecer aplicacións e, cancións e programas de infantil.
En canto as horas A, o material do Prezi, pareceume un apoio moi importante para o alumnado que temos moi pouco nivel no francés. O temario foi moi útil e ademais coas tâches o poñíamos algo en práctica. O tema que máis descoñecía era o de CECRL, e inda que foi algo máis teórico, é do que máis aprendín en cantidade, porque o resto (tipos de linguas, metodoloxía, avaliación, expresión oral e expresión escrita e, a súa compresión...) xa é algo que vemos,máis en profundidade ou menos, noutras materias, aínda que sempre está ben repasar e ampliar coñecementos que igual outros docentes non nos comentaran.
As tâches que máis traballo me levaron foron a 3 e a 4, porque quería facer algo propio, dinámico, lúdico, significativo...e a verdade que busquei moito material antes de levar a cabo a miña propia produción. Elaborei unha manopla, inventei unha canción, a cal cantaba a manopla e logo, realizaban unha actividade coa mesma. O problema sucedeu cando, á hora de realizar unha actividade oral, quería volver a usala, pero o resultado sería unha actividade moi similar á de avaliación da compresión.
No caso da actividade de compresión escrita,elaborei un conto a man, xa que ao alumnado chamaríalle máis a atención e ademais da miña mala relación coa tecnoloxía. Para a actividade de avaliación da compresión escrita, elaborei un xogo e para a actividade de escribir, atendendo as miñas capacidades, fixen unha actividade co mesmo conto.
No caso da actividade de compresión escrita,elaborei un conto a man, xa que ao alumnado chamaríalle máis a atención e ademais da miña mala relación coa tecnoloxía. Para a actividade de avaliación da compresión escrita, elaborei un xogo e para a actividade de escribir, atendendo as miñas capacidades, fixen unha actividade co mesmo conto.
Gústame a idea de traballar distintos aspectos co mesmo material para que o alumnado se familiarice e o coñeza e así, sexa significativo.
Dicir que, mantiven os obxectivos, contidos, capacidades...fixas dende un primeiro momento e intenteime axustar sempre a eles ou elas e espero que así fora.
Creo que, aínda que foran as actividades con máis traballo, foron as máis creativas e significativas para o noso día a día.
Á hora de crear as tâches, case sempre, usei os mesmos pasos: revisaba o guión e as anotacións da clase, revisaba as tareas anteriores, realizaba un esbozo, facía unha corrección previa e logo a pasaba a ordenador para posteriormente subila ao Blog.
As tâches foron realizadas no Google Drive, no apartado de presentacións, porque era unha forma na que, era capaz de conseguir subir o documento ao Blog correctamente, dunha forma vistosa e cómoda.
Aucun commentaire:
Enregistrer un commentaire