Despois do visto no curso, dicir que a educación dende os meus anos de infantil ata hoxe en día modificou moito e esperemos que siga cambiando.
En canto a avaliación, era de mestre a alumno/a clarisimamente, mostrando unha gran autoridade; e de maneira individual.
En infantil, existía o boletín con cores verde (se o conseguiras), amarelo (un pouco) e vermello (non conseguido) e era de Mafalda. Recordo que á hora de ler, levaba a cabo unha folla de control con observacións, onde ía anotando como leíamos, pronunciabamos...
A metodoloxía, en primaria, era sempre a mesma, chegaba o mestre ou mestra, lía polo libro e a subrayar, exercicios para a casa e se estaban mal, non sabías e punto, nin explicación che daban. O importante eran os exames e os resultados do mesmo.
Certo é que, en infantil, recordo facer fichas de escritura, primeiro a letra con puntiños, logo as sílabas e logo xa un cuadernillo que tiñamos o cal utilizamos durante primaria tamén en distintos niveis de dificultade.
Á hora de ler, tiñamos un libro coas vogais e logo as consonantes, cada unha tiña un nome e contaba unha pequena historia sobre un rei e unha raíña.
Aucun commentaire:
Enregistrer un commentaire